Son Rosa Martínez e quero contarche que vou ser a Presidenta do Goberno de España despois das eleccións xerais de novembro.
Ao mellor isto sorpréndeche. De feito, moitos dixéronme que era imposible.
Esta é a miña resposta: o único imposible é o que non se imaxina e non se intenta.
Eu imaxínome un Equo que sexa relevante para #SumarAoCambio que imos conseguir con outras forzas e movimentos sociais. Que sexa referente na loita pola sostibilidade, a equidade e a democracia. Capaz de comunicar.
Tamén me imaxino un Equo que sae da inercia para ir máis alá. O reto que compartimos é grande e as nosas decisións colectivas terán que ser valentes para estar á súa altura.
Cando colgaba cartaces para a campaña de novembro do 2011 como unha afiliada máis, imaxinábame que Equo chegara para quedarse. E aquí estamos na primeira liña do cambio en 2015.
Aposto a que Mónica, Manuela ou Ada un día imaxinaron que poderían ser presidentas ou alcaldesas das súas cidades. Elas foron mulleres que o intentaron, dende a humildade e agora son exemplos cos que podemos aprender.
Quero invitarche a intentar comigo o que outros dan por imposible. Por iso, pídoche dúas cousas: Participa nas primarias de Equo e, segundo, vota pola miña candidatura para #SumarAoCambio
Rosa Martínez